CURRíCULOS

D. Emilio Pérez Touriño

Naceu na Coruña en 1948. É doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou estudos de especialización no Instituto de Investigacións e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble - Francia. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenvolver a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Presidente da Xunta de Galicia no período 2005-2009.